Navigation – Plan du site

AccueilNuméros13Convivencia de lenguas y conflict...Tradición, (re)tradución e reform...

Convivencia de lenguas y conflictos de poder en la península ibérica durante la Edad ‎Media

Tradición, (re)tradución e reformulación na General Estoria e na Estoria de Troya afonsinas á luz dun testemuño indirecto do séc. XIV*

Ricardo Pichel Gotérrez

Résumés

Le processus de conformation de la General Estoria, plus précisément de l’Estoria de Troya intégrée dans la deuxième partie de la compilation alphonsine, peut être recherché à partir de deux témoignages manuscrits indirects du XIVe siècle : le ms. 10.146 de la Bibliothèque Nationale de Madrid (qui transmet l’un des témoignages de l’Historia Troyana Polimétrica) et le ms. 558 de la Bibliothèque de Menéndez Pelayo de Santander (l’Historia Troiana “bilingue”). L’article présenté se concentre sur ce dernier exemplaire, un manuscrit hybride rédigé en castillan d’abord sous les auspices du roi Pedro I de Castille (ca. 1365-1369), mais qui fut complété peu de temps après en galicien au sein de la cour nobiliaire des Andrade (ca. 1369-1373). Grâce à une analyse partielle de l’interpolation de la General Estoria (GE1 et GE2 en particulier) contenue dans ce témoignage, on propose plusieurs conclusions (de nature discursive et idéologique) liés au processus de compilatio et ordinatio de l’une des grandes “estorias unadas” de la grande chronique universelle alphonsine, puisque le texte transmis par l’Historia Troiana reflète un stade discursif préalable des matériaux troyens qui ont été finalement résumés dans l’oeuvre d’Alphonse X.

Haut de page

Texte intégral

As versións occidentais da General Estoria

  • *  Este traballo insírese no marco dos proxectos Xelmírez. Corpus Lingüístico da Galicia Medieval, má (...)
  • 1 Até o de agora coñecemos o texto pola deficiente transcrición de Ramón MARTÍNEZ LÓPEZ, General Esto (...)
  • 2 Na actualidade estase realizando unha tese de doutoramento, a cargo de Raquel Alonso Parada, na que (...)
  • 3 A este respecto vid. Diego CATALÁN, La Estoria de España de Alfonso X. Creación y evolución, Madrid (...)
  • 4 Vid. José Luís RODRÍGUEZ, “De castelhano para galego-português: as traduções medievais”, Rosario ÁL (...)
  • 5 Cfr. Ramón MARTÍNEZ LÓPEZ, op. cit., 1963, p. xviii-xix; Ramón LORENZO, “A prosa galega medieval”, (...)

1O códice O.I.1 da Real Biblioteca do Escorial (ms. F), un coidado manuscrito confeccionado na primeira metade do século XIV, transmite unha versión galega fragmentaria da primeira parte da General Estoria. Trátase dunha tradución de máis da metade da Xénese (os seis primeiros libros e a metade do sétimo) da magna compilación universal afonsina. Pese a que aínda non contamos cunha edición definitiva1, este testemuño vén sendo obxecto de estudo por parte da crítica, principalmente desde o punto de vista ecdótico e codicolóxico2. Porén, dous aspectos relacionados coa súa transmisión textual aínda agardan por seren abordados en profundidade: por unha banda, o antígrafo de F representa un estadio editorial anterior ao testemuño rexio hoxe conservado desta primeira parte da General Estoria (BN ms. 816; ms. A), redactado ca. 1275, á vista da omisión de certas correccións incluídas en A e da existencia de segmentos xenuínos ausentes nos restantes testemuños e que presumibelmente foron obxecto de depuración ou censura na versión rexia3. Por outro lado, o noso manuscrito foi obxecto de retradución ao castelán no século XV, tal e como demostra a colación co ms. E (Escorial, ms. Y.III.12)4, un testemuño que transmite a mesma sección que a versión galega e que contén ademais diversos occidentalismos5.

  • 6 Vid. Arthur L-F. ASKINS, Aida Fernanda DIAS e Harvey L. SHARRER, “Um Novo Fragmento da General Esto (...)

2En territorio portugués, pola súa parte, coñécense dous testemuños fragmentarios da General Estoria, independentes entre si e cronoloxicamente posteriores (finais do século XIV –inicios do XV) á versión galega. O primeiro deles, descuberto en 1945 na Torre do Tombo polo Padre Avelino Jesus da Costa, componse de catro folios nos que se transmiten diversos capítulos da Xénese (libros 1, 5, 7 e 9) da GE1. O outro fragmento, un bifolio achado no Arquivo Distrital de Castelo Branco, contén algúns capítulos do primeiro libro de GE2 (Xosué, cap. 49, 40, 64, 63)6.

  • 7 Actualmente e desde o verán de 2010 atópase en proceso de restauración no Instituto de Patrimonio N (...)

3Estes tres testemuños demostran o coñecemento e transmisión no occidente peninsular de, cando menos, as dúas primeiras partes da General Estoria. No entanto, existe un cuarto testemuño que, aínda que indirecto, transmite outra importante sección da obra afonsina: trátase da coñecida como a Historia Troiana bilingüe, un manuscrito custodiado na Biblioteca Menéndez Pelayo de Santander7 (ms. 558), e a ela nos referiremos a continuación.

Un testemuño indirecto galego da General Estoria

  • 8 Este manuscrito é o obxecto de edición e estudo da miña tese de doutoramento (PICHEL GOTÉRREZ, A Hi (...)
  • 9 A sección galega da Historia Troiana parece ser coetánea da Crónica Troiana mandada a traducir ao g (...)
  • 10 Non interesa aquí realizar unha descrición do manuscrito híbrido nin da reconstrución do testemuño (...)
  • 11 Vid. fundamentalmente o estudo de Juan CASAS RIGALL, La Materia de Troya en las letras romances del (...)
  • 12 Fontes francesas (o Roman de Troie, principalmente, a Histoire ancienne jusqu’à César), fontes clás (...)

4O testemuño ao que nos referimos confórmase como unha sección intercalada na Historia Troiana, denominada tradicionalmente “bilingüe” (B) por combinar o castelán e o galego de xeito independente na súa redacción. Trátase dun manuscrito guía ou borrador preliminar orixinariamente redactado en castelán na segunda metade do s. XIV (probabelmente no segundo lustro da década dos 60), encargado por Pedro I o Cruel ou o Xusticieiro (1334-1369) desde a súa corte sevillana, e destinado a conformarse como un gran compendio troiano de gran calado e proporcións, tanto a nivel textual como a nivel artístico8 (vid. infra). Tras unha importante deterioración e mutilación do soporte, as súas lagoas textuais foron subsanadas en galego no último terzo do mesmo século (uns poucos anos máis tarde, probabelmente a comezos da década dos 709), resultando un exemplar particularísimo desde varios puntos de vista, principalmente pola propia disposición glotolóxica, a conformación codicolóxica e a configuración discursiva10. Este último aspecto é o que máis nos interesa aquí, xa que na Historia Troiana se amalgaman dúas tradicións textuais que hoxe coñecemos e conservamos de xeito independente: por unha banda, a prosificación peninsular –en orixe presumibelmente occidental– do Roman de Troie (xunto con outros elementos e motivos literarios de factura peninsular11) e, por outra, a conformación da Estoria de Troya afonsina, integrada na segunda parte da General Estoria e cuxo modelo subxacente se define polo seu carácter misceláneo12.

  • 13 Rosa Mª RODRÍGUEZ PORTO, op. cit., 2012a.

5Neste sentido, como xa adiantabamos, a Historia Troiana foi concibida desde un principio como un ambicioso proxecto editorial nos ámbitos literario e artístico, con vontade, ademais, de actualización e superación da crónica troiana paterna13 (a luxosa versión de Afonso XI, rematada de iluminar en 1350). No primeiro caso, a amplificación literaria supuxo o acrecentamento notábel do relato da caída de Ilión coa incorporación dos antecedentes da guerra, a diferenza da tradición en voga nese momento (representada pola versión da Crónica Troyana antes mencionada). O prólogo do compendio galego-castelán dá testemuño desta pretensión:

  • 14 Os fragmentos reproducidos neste traballo corresponden a unha lectura e edición propia (presentació (...)

Por que se algũus máis complidamente quiserem saber o começo de como foi poblada Troia e os reis que ende ouvo et a estoria de Jaasón e de Medea, lean por este libro, que o acharám máis conplidamente como está enno Libro de Troia (fol. 1ra, ls.1-4)14.

6A continuación o anónimo artífice da Historia Troiana proseguía a xustificación da súa obra demostrando o seu coñecemento e familiaridade cos trazos definitorios da General Estoria, o cal resulta de todo punto vista esperábel tendo en conta a natureza intertextual que caracteriza a crónica afonsina, neste caso como integradora da lenda troiana inserida en boa parte de GE2 e de GE3:

[...] lean por este libro, que o acharám máis conplidamente como está enno Libro de Troia, segundo foi sacado [e] o achamos enna General Estoria, que ajunta con os feitos que passaron enno mundo ata el rei dom Afonso, que o fezo tornar de latím en romanço e castelaao, e concertou tódas|las estorias que de escripvir fosem e que passaron enno mundo ata o seu tenpo, tam bem de gentiis como de cristãaos e de mouros, con a Blivia; et poso as cousas en quaes tenpos e en aqueles anos en que passaron, segundo que o acharán quen máis conplidamente o quiser saber en aquela General [Estoria] que el fezo fazer (fol. 1r, ls. 4-15).

  • 15 Apud Ricardo PICHEL GOTÉRREZ, 2011b, p. 345-6.

7Observamos, pois, neste prólogo que a mención da General Estoria, como fonte paralela dunha sección importante da Historia Troiana (os preámbulos da destrución definitiva de Troia), dá pé a unha serie de afirmacións relativas á natureza e motivación do texto rexio. Por unha banda, afírmase que a General Estoria agrupa os feitos acontecidos desde o comezo do mundo até o reinado de Afonso X. A continuación, canto á natureza do contido e ao método compilatorio, fálase da vontade de universalidade e de unificación do proxecto editorial (“concertou tódas|las estorias que de escripvir fosem e que passaron enno mundo ata o seu tenpo”), indícase a idoneidade da xunción entre historia bíblica e pagá (“tam bem de gentiis como de cristãaos e de mouros, con a Blivia”) e da organización cronolóxica (“poso as cousas en quaes tenpos e en aqueles anos en que passaron”). Todas estas consideracións xustifican, á súa vez, a presenza nunha obra como a General Estoria dos feitos “históricos” da guerra de Troia (unha das grandes estorias unadas compiladas polos afonsinos), toda vez que era un relato presente na historia da civilización, contribuía á finalidade enciclopédica e universal da obra, implementaba o contido pagán ao que tanto esforzo dedicaran os compiladores e, por último, era susceptíbel de ser situado cronoloxicamente nunha era e reinado determinados na historia do mundo15.

  • 16 167 ilustracións no estado actual do exemplar híbrido, das cales só se chegarían a completar, no in (...)
  • 17 O Cruel é asasinado en Montiel en 1369 a mans do seu irmán bastardo Henrique de Trastámara e, en co (...)
  • 18 Cfr. Inés FERNÁNDEZ-ORDÓÑEZ, “Manuscritos historiográficos ‘de autor’”, en Pedro M. CÁTEDRA (dir.), (...)

8En segundo lugar, a confluencia dunha extensión considerábel (máis de 350 folios) e a planificación dun número tan elevado de miniaturas16, revela a xestación dun proxecto editorial de gran calado que, como xa foi dito, estaba destinado a conformarse como un artefacto cultural alternativo que superase en todos os sentidos á fermosa crónica ilustrada do seu pai. Porén, desgrazadamente non chegaría a consumarse a dita empresa, posibelmente pola convulsión socio-política do momento17, polo que a obra non puido saír do seu estadio inicial provisorio (unha mera copia de traballo18 na que ensaiar a ensamblaxe discursiva e programa pictórico previstos; vid. infra). Deste xeito, o soporte chega moi deteriorado pouco despois á fase de reconstrución ulterior, xa no escriptorio galego, onde, malia acometerse unha coidada e profunda reconstrución, tampouco se consegue reactivar o ambicioso labor artístico previsto na súa orixe.

Da Estoria de Troya afonsina á Historia Troiana petrista

  • 19 Tamén inclúe algúns fragmentos de GE1 e GE3 (vid. Ricardo PICHEL GOTÉRREZ, op. cit., 2012a e 2012b) (...)

9Volvendo ao texto transmitido pola Historia Troiana, entre os folios 1 e 49 intercálase unha extensa interpolación coincidente cos capítulos de materia troiana integrados na General Estoria, principalmente na segunda parte, aínda que non exclusivamente19. Así, obsérvanse catro grandes seccións procedentes de GE1 e GE2 fusionadas entre si e intercaladas entre os capítulos vinculados á tradición textual do Roman peninsular:

  • a ) Primeira sección (fols. 1r-21v [cast. fols. 17-9 y 21, gal. fols. 1-16 y 20]): fundación e poboamento de Troia, historia dos Argonautas (conquista do vélaro de ouro), historia de Xasón e Medea.

  • b ) Segunda sección (fols. 29r-36v [cast. fols. 29-30, gal. fols. 31-6]): nacemento de Paris e xuízo da mazá da discordia.

  • c ) Terceira sección (fols. 44r-48v [cast. fols. 44-5, gal. fols. 46-8]): historia de Enone e Paris; encantamento de Aquiles pola súa nai Tetis, refuxio nun convento portugués e regreso a Grecia.

  • d ) Cuarta sección (gal. fols. 48v-49r): sacrificio de Ifixenia, filla de Agamenón.

10Nunha primeira abordaxe a esta interpolación (PICHEL GOTÉRREZ, op. cit., 2012a) estudamos a reunión e fusión discursiva dos episodios afonsinos escolmados nesta amplificación literaria. Así, observamos como desde o principio o fío argumental vai aproveitando as diferentes mencións e reminiscencias fundacionais e xeográficas do primixenio emprazamento de Troia intercaladas nos diferentes capítulos de GE1 e GE2. Así acontece, por exemplo, que onde o texto de GE2 (Xosué, cap. LXII) suspende a descrición xeográfica do castelo de Ilión, a Historia Troiana ofrece unha acertada ensamblaxe discursiva coa narración de GE1 (Números, tít. XXII, libro XXII), onde se prosegue a descrición de Frixia, se alude á historia de Filis e Demofonte e se refire o estabelecemento do topónimo inicial (Dardania):

[GE2] Et en Frigia a Menor foi outro castelo e cibdade a que chamaron Illio, et era o máis forte castelo de toda aquela terra e mellor de herdades e máis abondado de tódaslas cousas [+ GE1] de moitas fontes e ríos e de moitos bõos montes. Et corre por alí o río Xantro e o río Meandro et Marsia e Licor[ni]os e Çudais o[u Cim]ois e Mi[n]do[m]o (...) e o Ebro; et todos estes ríos entram por Troia e por Frigia e por Tracia, que \som/ terras da cibdade de Troia, e todas serven a Troia (fol. 1rb, ls. 19-28).

11Un pouco máis adiante volve repetirse o mesmo procedemento, mais á inversa: partindo da sección de Números (GE1) o texto volve enlazar con outro dos capítulos de Xosué (GE2, cap. LXIII), onde se pon de relevo a transcendencia e importancia do feito de Troia para a historia universal:

[GE1] […] Et pensou que nome lle porría, e [ach]ou con os vellos ouciãaos da terra e con os hómẽes bõos de súa terra e de súa casa que a chamasen de seu nome por renenbrança de si, e el fézoo. Et de Dárdaño chamaron Dardania, et foi o primeiro rei de aquela terra. [+ GE2] Et alí provou Dárdaño a cibdade de Troia. Et desta cibdade e dos seus feitos averemos a falar moito em esta estoria, porque o seu feito foi moi grande e moi maravilloso, que, salvo ende as sete maravillas que conte|11ceron enno começo das seis idades, así como [...] a estoria e a Blivia, maior feito ca o de Troia non ouvo nen ha de aver enno mundo, que como quer que ela foi destroída, pero enno destroimento tantas gentes se ajuntaron e tam nobles, et tantas outrosí as mortaldades que se ende fezeron, que non forom maiores nen máis maravillosas en outra partida do mundo; demais que a súa gente poblou a cibdade de Roma, como vos contaremos todo adeant em seus lugares (fol. 2ra, ls. 1-20).

  • 20 Por exemplo, a secuencia “allí pobló Dardano la cibdat que querié pora cabeça de so reino, e del so (...)
  • 21 Por exemplo: “Et aquí en este lugar leixamos a falar outras moitas estorias que non son desta razón(...)
  • 22 As estorias unadas ou cumplidas constitúen relatos extensos e intercalados en bloque, que abranguen (...)

12A non arbitrariedade desta xunción discursiva queda probada, ademais, coa omisión de certas pasaxes de carácter recapitulatorio presentes nalgunha das seccións escolmadas da General Estoria20 que na Historia Troiana resultaban innecesarias no enfiado argumental desta amplificación. Pola contra, noutras ocasións tornábase indispensábel a inclusión dunha secuencia de enlace que posibilitase o adecuado engarce cunha sección temática da General Estoria máis ampla e monográfica21, como é a Estoria de Troya, unha das grandes historias unadas do proxecto editorial afonsino22 integrada na segunda parte (Xuíces) de GE2.

  • 23 Cfr. Juan CASAS RIGALL, op. cit., 1999, p. 209-43.
  • 24 Vid. Antonio GARCÍA SOLALINDE, op. cit.,1916, p. 124-8; Juan CASAS RIGALL, op. cit., 1999, p. 210-1 (...)
  • 25 Vid. Ricardo PICHEL GOTÉRREZ, op. cit.,2012b: como argumentamos neste estudo, a transcendencia do t (...)

13A Historia Troiana constitúe, por tanto, non só un testemuño indirecto da General Estoria (ao integrar no seu fío argumental unha interpolación de GE1 e GE2), senón que tamén reflicte a vontade de amalgamar discursivamente fragmentos e seccións afonsinas vinculadas coa materia de Troia que hoxe unicamente son coñecidos de xeito independente nas tres primeiras partes da compilación universal. Neste sentido, cómpre indicar que un dos códices que conservan a Historia Troyana Polimétrica (M, BN ms. 10.146; datada por Pidal no último terzo do séc. XIII)23, transmite unha interpolación da General Estoria (acéfala e da 1ª metade do séc. XV) moi similar á do noso texto (fundamentalmente a Estoria de Troya de GE2, xunto con outros fragmentos de GE1, GE2 e GE3). Malia a estreita relación entre os dous testemuños, a Historia Troiana non constitúe o seu antígrafo directo, se ben, como é obvio, ambos os dous exemplares están emparentados por un antecedente común24. Máis rechamantes cá similitude de contidos entre os dous manuscritos, resultan as concomitancias estruturais entre eles, toda vez que a Polimétrica reflicte a mesma fusión discursiva rexistrada para a Historia Troiana que vimos de comentar25.

Da primitiva Estoria de Troya e do seu reflexo na Historia Troiana

14O que nos interesa pesquisar, a partir de aquí, é se estes capítulos da GE1 e GE2 (máis adiante tamén se inclúen algúns de GE3) incluídos na Historia Troiana responden a un proceso de escolma e reaxuste discursivo ad hoc pensado para o proxecto editorial de Pedro I, ou, máis ben, se a súa fusión discursiva procede dun modelo textual cos materiais xa ensamblados ou, mellor dito, aínda non xebrados para a súa reinserción na compilación sancionada polo rei Sabio. Referímonos neste último caso á posibilidade de que os artífices da Historia Troiana tiveran acceso ao exemplar ou exemplares que orixinariamente transmitirían a estoria unada correspondente ao ciclo troiano (talvez un modelo afín ao Libro de Troia mencionado no prólogo) que, posteriormente, foi obxecto de reorganización no manuscrito rexio.

  • 26 Son os seguintes: 438 (De las maneras de los comienços de las estorias), 445 (De lo que da a entend (...)
  • 27 Así acontece, por exemplo, no cap. 438, no que se cita como fonte, ademais da Aquileida, os comenta (...)
  • 28 Existe outro conxunto de capítulos, obviados tamén na Historia Troiana, caracterizados pola exposic (...)

15Como tentaremos probar a continuación –aínda que dun xeito aproximativo–, existen algúns indicios relacionados coa estrutura e contido da interpolación que nos encamiñan cara a esta segunda hipótese. En primeiro lugar, desde o punto de vista da estruturación interna do relato, chámanos a atención que na integración dos primeiros 40 capítulos da Estoria de Troya (GE2 Xuíces, caps. 437-477 → HTc e HTg fols. 2va-21vb) a interpolación da Historia Troiana reflicte unha omisión voluntaria de certos capítulos vinculábeis máis ao proceso de ordinatio da obra afonsina que á etapa inicial de reunión e tradución das fontes. Nestes capítulos26, de clara impronta afonsina e de carácter esexético, expoñíanse as diversas (re)interpretacións dos feitos fabulosos relatados, nun permanente intento de racionalizalos á luz das glosas medievais das fontes clásicas27 ou das propias reformulacións dos sabios afonsinos28.

  • 29 Sobre este tipo de modificacións conscientes do texto na General Estoria vid. Belén ALMEIDA CABREJA (...)

16Un segundo elemento, relacionado esta vez coa selección e depuración de contidos, achéganos información relevante acerca da conformación e incorporación da Estoria de Troya nos moldes discursivos previstos para a crónica rexia (neste caso da GE2). A interpolación afonsina presente na Historia Troiana revélanos a existencia dunha serie de escenas, descricións e motivos literarios ausentes ou escasamente desenvolvidos en GE2 que, no entanto, deberon formar parte inicialmente dos materiais escolmados e traducidos para a Estoria de Troya afonsina. Os ditos materiais, de carácter misceláneo, como xa se indicou máis arriba, unha vez compilados e traducidos, serían posteriormente desglosados de xeito conveniente nas distintas seccións da General Estoria (fundamentalmente en GE2, mais tamén en GE1 e GE3). Un dos labores imbricados na ordinatio da crónica rexia consistiu na modificación consciente do texto reflectida nunha depuración ideolóxica de certos elementos conflitivos ou desacougantes para os afonsinos, como podían ser a inverosimilitude, o ton excesivamente poético, certos asuntos político-morais (como a crítica aos reis), algúns aspectos da relixión pagá, a homosexualidade, o papel de homes e mulleres, etc29.

  • 30 Sobre esta pasaxe e outras similares da Historia Troiana onde puido haber censura vid. Ricardo PICH (...)

17Na interpolación afonsina da Historia Troiana atopamos, presumibelmente, algúns exemplos desta peneira ideolóxica da que estamos a falar. O máis rechamante é o relato desacougante da morte do coitado Apsirto –irmán pequeno de Medea e fillo de Oetes, rei da Cólquida–, asasinado cruelmente a mans da súa propia irmá30. Despois de Xasón conquerir o vélaro de ouro, grazas aos subrepticios feitizos de Medea, ambos os dous resolven fuxir do reino cólquido, evitando, así, a ira do rei Oetes, co obxectivo de contraer matrimonio na patria tesalia (Iolco) do heroe grego. No entanto, o plan é descuberto polo rei, quen os persegue sen tregua na súa fuxida cara ao mar. É entón cando a desalmada Medea non dubida en empregar ao seu irmán como refén, esfolando e despezando o seu corpo cativo a fin de frear as mesnadas do rei. O dramático tropezo do pai co corpo descuartizado do fillo –até en tres ocasións (primeiro a cabeza e despois as dúas metades do corpo)– entretén as tropas cólquidas e conduce ao éxito a escapada de Xasón e Medea. Velaí a escena íntegra transmitida pola Historia Troiana (sección galega, cap. 16, fols. 11v-12v):

Estonce Jaasón foise para súa pousada et ordenou con Ércoles e con os outros gregos aquelas cousas que avía de fazer. Et enviou dizer a Medea que se precebese pera saír aquela noite, que non podía el alí máis estar, et ela guisouse o máis agiña que podo et non levou outra cousa senón seu irmãao A[bsir]to. Et foi bem a Jaasón con ela quando a vío, et tomoa porla mãao e non se detevo alí máis e foise súa vía. Et as donzelas e donas que dormíam despois que espertaron non na acharon, et forom logo dizer|lo a el rei, et el rei mandou apregoar que todos cavalgasem moito aˍpssa. Et el rei ía moi coitado e non dava nenn vagar aos seus andando toda a noite, et enna mañãa ía porlos alcalçar. Et catou Medía en|pús si e vío levantar os polvos e entendeo que viña seu padre, et diso a Jaasón alí:

- Vén meu padre e querrá matar a vós e a min, et non lle quería eu fugir; mais vós pensade de fugir, que bem poderedes goa[res]cer depois que fordes enno mar ennas barcas.

Alí diso Jaasón a Medía:

- Sabede verdadeira|mente que o non farei, e ante quero morrer contigo que te leixar.

Et en esto viña ja parecendo el rei Oetes por hun chãao, et começou Medía de poer os ollos em seu irmãao moi de régeo e pensou logo como garescería, et diso a Jaasón:

- Vai adeante e non me cates, que quero fazer algúa cousa que nos non alcance meu padre.

Et tomou hũa espada e degolou seu irmãao, e deitou a cabeça en|pús si por tal que se detevese seu padre quando esto vise, et levou o corpo consigo. Et el rei Oetes quando chegou vío a cabeça e descavalgou, e esmoreceu depois que o coñosceu. Et Medea e Jaasón, en|quanto el rei e súa gente se deteveron a fazer doo sóbrela cabeça, fóronse alongando del. Et quando el rei ouvo cavalgado ían eles tan longe que os non podo acadar dessa gran peça. [...] andando quanto máis podía, de guisa que foi acerca deles. Et Medía catou e víos vĩir acerqua e tallou a meatade do corpo e deitoo enno camiño. Et el rei Oetes tanto que chegou coñosceu que era a meatade do corpo do seu fillo e caeu así como morto en terra, e todos penssaron que era morto et alí descenderon todos a fazer gran doo. Et Medía e Jaasón fóron|se entre tanto que os non poderon alcançar aquel día, e chegaron ao mar. Et os del rei Oetes correron por|los alcançar ante que entrasen enno mar, mais Medía por súas artes foi|os deteendo cona outra meatade do corpo de seu irmãao, et eles detevéron|se sobre el. Et Medía e Jaasón entraron logo enna nave e ouveron vento qual quiserone fóron|se súa vía. Et el rei Oetes, pois que vío que os non podía alcançar, e tornouse moi desonrado: a hũa por|la filla que se lle ía, a outra por[lo] fillo que era morto, o al por|que ficava desnũu da lãa dourada.

  • 31 Belén ALMEIDA CABREJAS, op. cit., 2009, vol. 2, p. 153.
  • 32 Ibid. A secuencia inmediatamente contigua (“e fueron tan grandes las alegrías...”), na que se conta (...)

18A crueza dun relato onde o fillo do rei era asasinado atrozmente por un membro da súa propia familia, sen dúbida tivo que pesar á hora da súa integración na crónica afonsina, onde finalmente se optou por eliminar calquera pegada da traizón e do crime abominábel. En efecto, esta dramática escena está ausente nos manuscritos casteláns que transmiten GE2, onde, tras a conquista da la dourada, a volta dos Argonautas a Grecia se resolve indicando sumariamente como Xasón marcha da illa co pelexo máxico e mais con Medea: “e tomó el vellocino dorado e a Medea e fincó el reino por suyo, e él metióse d’esta guisa con sus griegos en sus navíos bien guisados e fuéronse su carrera por la mar adelante bienandantes31. A continuación péchase a escena coa referencia da chegada a Iolco e da súa recepción como heroes vitoriosos: “e arribaron a Grecia, e allí salieron a ellos a recebirlos toda la cavallería de Grecia e munchas de las dueñas de alta guisa por recebir a Medea, de quien avién nuevas que venié32.

19Á marxe desta omisión voluntaria, ao relato cruento do fraticidio de Apsirto só se evoca na General Estoria, de pasada e sen entrar en detalles, na epístola de Hipsípila a Xasón (VI heroida ovidiana), onde a despeitada dama lembra os feitizos realizados por Medea na consecución do vélaro de ouro e o retorno atropelado dos traidores a Grecia. Esta alusión lémola na sección castelá da Historia Troiana:

sepas que ove miedo de Medea, ca más [es] Medea que madrastra, por|que las manos d’ella a toda enemiga son maestras, e ca paresce que por dar a ti la lana e el reino troxo a su padre e fizo matar a su hermano e esparzió las pieças d’él por la tierra a las aves: ¿e aquella avrié mesura de mios fijos, su[s] añados? Bien creo que non (fol. 18vb, ls. 29-31).

  • 33 Jenny MARCH, Diccionario de mitología clásica, Barcelona: Crítica, 2008, p. 48.
  • 34 Libro VII, v. 660 e ss. (ed. Cornelis De BOER, Ovide moralisé, Amsterdam: J. Müller, 1915 vol. 3, p (...)
  • 35 Vid. Maximiliaan P. A. M. KERKHOF (ed.), Juan de Mena. La Coronación, Madrid: CSIC, 2009, p. 26, n. (...)
  • 36 Ibid.
  • 37 A este respecto vid. Irene SALVO GARCÍA, “Las Heroidas en la General Estoria de Alfonso X: texto y (...)

20O relato exclusivo da Historia Troiana contén, así pois, unha das versións da morte de Apsirto (asasinado antes de embarcar pola súa irmá cando aínda era un neno) transmitida orixinariamente por Apolodoro de Atenas; outros autores clásicos (Sófocles, Eurípides e Apolonio) transmiten outras versións: para os dous primeiros, Apsirto fora asasinado na casa de Eetes; para o terceiro, Apsirto era un home guerreiro33. A obra de Ovidio, moi empregada na General Estoria, non transmite os detalles desta historia, e parece que tampouco ningunha das prosificacións do Roman de Troie. Descoñecemos cal sería a fonte ou fontes primitivas nas cales se baseou a interpolación afonsina presente no códice santanderino; sabemos que a historia se relata completa nalgúns textos europeos de carácter mitográfico da primeira e segunda metade do séc. XIV, como o Ovide moralisé (poema francés de principios de século que traduce íntegras as Metamorfoses e inclúe unha glosa alegórica34), o Ovidius Moralizatus de Pierre de Bersuire35 (1340) ou o De mulieribus claris de Bocaccio36 (a. 1374). En calquera caso, o máis probábel é que entre as fontes da primitiva Estoria de Troya se empregaran certas glosas e comentarios esexéticos37 das Metamorfoses ou das Heroidas, hoxe perdidas ou sen identificar.

  • 38 Vid. Juan CASAS RIGALL, op. cit., 1999; Ramón LORENZO, op. cit., 1985, 1998, 2000, 2002; Claudia D’ (...)
  • 39 Das once miniaturas conservadas na Historia Troiana, todas na sección castelá, catro delas correspo (...)

21A latencia discursiva de carácter preliminar que achamos na estrutura e contidos enunciados até aquí, lévanos a presupoñer a existencia dun modelo textual anterior á Estoria de Troya sancionada polo rei (a que pasaría a conformarse como unha das grandes estorias unadas de GE2 e GE3) como fonte da interpolación afonsina coa que se quixo amplificar a Historia Troiana petrista. Talvez se trata do Libro de Troia mencionado no prólogo, que, ademais, sería plausíbel identificar coa perdida Historia Troiana peninsular (prosificación e recreación do Roman de Troie, probabelmente de factura galaico-leonesa38), xermolo, á súa vez, das crónicas troianas confeccionadas ao longo do sécs. XIII e XIV (Crónica Troyana Polimétrica, Crónica Troyana de Afonso XI, Sumas de Historia Troyana de Leomarte, as versións galegas: Historia e Crónica Troiana, etc.). Esta hipótese concorda, ademais, coas conclusións tiradas do estudo do programa pictórico proxectado na Historia Troiana, unha soberbia investigación levada a cabo por Rosa Mª Rodríguez Porto, segundo a cal entre os tres posíbeis modelos figurativos empregados polos pintores encargados deste manuscrito, ademais da Crónica Troyana de Afonso XI e dun suposto Roman de Troie napolitano, atoparíase a perdida Estoria de Troya á que facemos referencia aquí39.

Haut de page

Notes

*  Este traballo insírese no marco dos proxectos Xelmírez. Corpus Lingüístico da Galicia Medieval, máis concretamente no TMILG (Tesouro Medieval Informatizado da Lingua Galega), e Transcrición paleográfica de obras medievais, ambos os dous desenvolvidos no seo do Instituto da Lingua Galega.

1 Até o de agora coñecemos o texto pola deficiente transcrición de Ramón MARTÍNEZ LÓPEZ, General Estoria. Versión gallega del siglo XIV (Ms. O.I.1 del Escorial). Edición, introducción lingüística, notas y vocabulario, Oviedo: Universidad de Oviedo (Col. Publicaciones de Archivum), 1963; corrixida e actualizada por Ramón LORENZO e Xosé Luís COUCEIRO, “Correccións á edición da General Estoria de Ramón Martínez López (I)”, en Rosario ÁLVAREZ BLANCO e Dolores VILAVEDRA (ed.), Cinguidos por unha arela común. Homenaxe ó profesor Xesús Alonso Montero, Santiago de Compostela: Universidade, 1999, vol. 1, p. 595-627; id., “Correccións á edición da General Estoria de Ramón MARTÍNEZ LÓPEZ (II)”, en José María VIÑA LISTE (ed.), Homenaxe ó profesor Camilo Flores, Santiago de Compostela: Universidade, 1999, vol. 2, p. 209-33.

2 Na actualidade estase realizando unha tese de doutoramento, a cargo de Raquel Alonso Parada, na que se analiza a vinculación textual exsitente, desde o punto de vista tradutolóxico, entre a versión galega e os testemuños casteláns, así como as súas implicacións lingüísticas para o estudo da historia da lingua. Por outra parte, desde o Instituto da Lingua Galega (USC) preténdese acometer en breve unha nova edición (transcrición paleográfica e presentación crítica) do texto. Desde o punto de vista codicolóxico, o manuscrito foi obxecto dunha análise arqueolóxica aproximativa por parte de María Begoña CAMPOS SOUTO, “Bases para una edición de la versión gallega de la General Estoria: estudio codicológico del manuscrito O.I.1 del Monasterio de San Lorenzo del Escorial”, en Andrew M. BERESFORD (ed.), Quien hubiese tal ventura. Medieval Hispanic Studies in honour of Alan Deyermond, London: Queen Mary and Westfield College, 1997, p. 119-126. Por último, cómpre citar a relevante tese de doutoramento de Rosa María Rodríguez Porto (nestes intres en trámites de depósito), onde se estuda, a nivel artístico e textual, as vinculacións entre os diferentes códices rexios afonsinos, entre eles os da General Estoria.

3 A este respecto vid. Diego CATALÁN, La Estoria de España de Alfonso X. Creación y evolución, Madrid: Seminario Menéndez Pidal / Universidad Complutense, 1992, p. 39; Inés FERNÁNDEZ-ORDÓÑEZ, “General Estoria”, en Carlos ALVAR e José Manuel LUCÍA MEGÍAS (ed.), Diccionario filológico de literatura medieval española. Textos y transmisión, Madrid: Castalia (Nueva Biblioteca de Erudición y Crítica, 21), 2002, p. 51; Pedro SÁNCHEZ-PRIETO BORJA, Alfonso X el Sabio. General Estoria. Primera Parte, Madrid:Biblioteca Castro, Fundación José Antonio de Castro, 2009, vol. 1, p. xc-xci.

4 Vid. José Luís RODRÍGUEZ, “De castelhano para galego-português: as traduções medievais”, Rosario ÁLVAREZ BLANCO e Dolores Vilavedra (ed.), op. cit., 1999, vol. 2, p. 1293; Inés FERNÁNDEZ-ORDÓÑEZ, op. cit., 2002, p. 46 e 51; Pedro SÁNCHEZ-PRIETO BORJA, op. cit., 2009, p. CXXII.

5 Cfr. Ramón MARTÍNEZ LÓPEZ, op. cit., 1963, p. xviii-xix; Ramón LORENZO, “A prosa galega medieval”, en Ana FERRARI (ed.), Filologia Classica e Filologia, Romanza: esperienze ecdotiche a confronto (Atti del Convegno, Roma, 25-27 maggio 1995), Spoleto: Centro Italiano di Studi sull’Alto Medioevo, 1998, p. 135-6.

6 Vid. Arthur L-F. ASKINS, Aida Fernanda DIAS e Harvey L. SHARRER, “Um Novo Fragmento da General Estoria de Afonso X em Português Medieval”, Santa Barbara Portuguese Studies, 6, 2002, p. 134-56 [Repr. en Biblos, 4 (2006), p. 93-124].

7 Actualmente e desde o verán de 2010 atópase en proceso de restauración no Instituto de Patrimonio Nacional de España (Madrid).

8 Este manuscrito é o obxecto de edición e estudo da miña tese de doutoramento (PICHEL GOTÉRREZ, A Historia Troiana (BMP Ms. 558). Edición e estudo histórico-filolóxico, Santiago de Compostela: Universidade, 2012b). Adiantamos, xa desde aquí, que tanto a identificación cronolóxica (a partir da información tirada do tipo de letra, papel, filigrana e miniaturas) como as circunstancias socio-políticas e culturais que rodean a confección deste exemplar rexio tamén son obxecto de estudo na tese de doutoramento de Rosa Mª RODRÍGUEZ PORTO, grazas a quen, a través do seu magnífico estudo comparado, hoxe é posíbel situar máis afinadamente o manuscrito en cuestión: vid. “Troy-upon-Guadalquivir: imagining ancient architectures at king Alfonso XI’s Court”, Troianalexandrina, 5, p. 9-35; Introducción al estudio de la Crónica Troyana de Alfonso XI: cultura libraria y libros iluminados en Castilla (1284-1369). Santiago de Compostela: Universidade (tese de licenciatura inédita), 2006; “El territorio del códice. Presencias, resistencias e incertidumbres”, Revista de Poética Medieval,20, 2008, p. 127-62; “Courtly culture and its Trujamanes. Manufacturing Chivalric imagery accross Castilian-Granadine frontier”, Medieval Encounters,14:2-3, 2008, p. 219-66; Recensión de “Luca Barbieri, Le “epistole delle dame di Grecia” nel Roman de Troie in prosa. La prima traduzione francese delle Eroidi di Ovidio (2005) / Les Epistres des Dames de Grece. Une versione médiévale en prose française des Heroîdes d’Ovide (2007)”, Troianalexandrina, 8, 2008, p. 311-18; “Horizonte literario y artístico de la Corona de Castilla ca. 1350”, en R. ALCOY I PEDRÓS (ed.), El Trecento en obres. Art de Catalunya i d’Europa al segle XIV, Barcelona: Universitat, 2009, p. 405-15; Thesaurum. La Crónica Troyana de Alfonso XI (Escorial h.I.6) y los libros iluminados de la monarquía castellana (1284-1369) (tesis doctoral inédita, Universidad de Santiago de Compostela, 2012a); “El Libro de las Dueñas y la Historia Troyana bilingüe (Santander,  BNP, ms. 558). Palabras e imágenes para María  Rosa Lida de Malkiel (1910-1962)”, Troianalexandrina (en elaboración, 2012b).

9 A sección galega da Historia Troiana parece ser coetánea da Crónica Troiana mandada a traducir ao galego polo nobre Fernán Pérez de Andrade o Boo (a. 1373); mesmo é moi probábel que fora redactada uns anos antes, entre 1369 e 1371. Neste período o seu probábel comitente, o nobre galego Nuno Freire de Andrade II (irmán maior do Boo), que se estabelecera na corte portuguesa desde mediados de século e onde ostentaba o cargo de Mestre da Orde do Cristo, adquire o seu maior poder socio-político (como Chanceler-mor do reino, ademais de Mestre de Cristo) e retorna a Galiza como gobernador da Coruña no contexto da efémera alianza galaico-portuguesa a favor da causa petrista entre os nobres galegos lexitimistas e Fernando I de Portugal (vid. RODRÍGUEZ PORTO, op. cit., 2012a, PICHEL GOTÉRREZ, op. cit., 2012b). En relación a isto, téñase en conta que, nesta época, o círculo nobiliario dos Andrade se conformaba moi probabelmente como a dinamo do mecenado cultural de boa parte das empresas literarias xurdidas na Galiza do séc. XIV. Falamos dunha estirpe de nobres cabaleiros afincados, principalmente, nas terras coruñesas de Betanzos e de Pontedeume, con raizame desde mediados do séc. XIII e cuxo poderío económico e político iría medrando a partir do primeiro terzo da centuria seguinte e, sobre todo, na segunda metade do séc. XIV. As causas do seu ascenso socio-político e económico cómpre buscalas na súa estreita relación coa realeza (castelá e portuguesa) do seu tempo e cos seus principais caudillos. No primeiro caso, os Andrade máis destacados da 1ª metade do séc. XIV (Ruí Freire de Andrade e Nuno Freire de Andrade I) estiveron moi vinculados coa política bélica e ideal cabaleiresco practicado por Afonso XI. Pasado o ecuador do século, a fidelidade á perdida causa lexitimista e, por tanto, ao controvertido reinado de Pedro I, así como a adhesión vasalática aos reis portugueses Pedro I e Fernando I (interesados tamén na causa lexitimista), caracterizan o comportamento do nobre Nuno Freire de Andrade II (fillo de Ruí Freire), destacadísimo emigrado galego na corte portuguesa como demostran os seus cargos de Mestre de Cristo e de Chanceler-mor xa mencionados, así como o seu papel como aio do primeiro monarca da dinastía Avis. En cambio, o seu irmán menor, o célebre Fernán Pérez de Andrade o Boo, se nun principio abrazaba o petrismo, despois cedíalle definitivamente o seu estratéxico apoio ao bastardo Henrique de Trastámara (futuro Henrique II). Porén, a dita vinculación coa realeza non sería posíbel sen o favor dos principais caudillos dos reis casteláns que, nesta época, tiñan como principal representante a estirpe galega dos Castro, integrados na influente Casa de Lemos (sucesora dos poderosos Traba do séc. XIII): sen dúbida, a man dereita de Afonso XI e Pedro I foron os nobres galegos Pedro Fernández de Castro (o da Guerra) e Fernando Ruíz de Castro (toda a lealdade de España), dos que, por súa vez, os de Andrade constituían os seus principais vasalos. Consecuencia directa de todos estes contactos e relacións nobiliárquicas foi a apertura de distintas canles de transmisión cultural: circulación e préstamo de libros, textos e imaxes das cortes reais castelá e portuguesa cos aliados galegos (tanto aqueles adeptos á causa petrista, como a rama dos Freire de Andrade, como os que optaron finalmente polo henriquismo, como o caso de Fernán Pérez o Boo). Este contexto socio-político e cultural posibilitou, así pois, a creación (versións e traducións) de diferentes obras literarias prosísticas (historiográficas e de ficción) de gran calado na Galiza do séc. XIV, entre outras: a tradución da General Estoria (ca. 1330, auspiciada posibelmente por Nuno Freire de Andrade I), a retradución da Crónica Troiana (a. 1373, patrocinada por Fernán Pérez de Andrade) e a recreación da Historia Troiana “bilingüe”, por iniciativa probabelmente, como xa indicamos, de Nuno Freire de Andrade II. Cfr. José Luís RODRÍGUEZ, op. cit., 1999, vol. 2, p. 1285-99; Xosé Ramón PENA, Historia da literatura medieval galego-portuguesa, Santiago de Compostela: Sotelo Branco, 2002, p. 245-62 e 295-317; Ramón MARIÑO PAZ, Historia de la lengua gallega, Muenchen: Lincom Europa, 2008, p. 69-72.

10 Non interesa aquí realizar unha descrición do manuscrito híbrido nin da reconstrución do testemuño orixinario castelán, polo que remitimos a unha serie de traballos que se aproximan a estas cuestións: Antonio GARCÍA SOLALINDE, “Las versiones españolas del Roman de Troie”, Revista de Filología Española, 3, 1916, p. 130-5; Ramón LORENZO, Crónica Troiana. Introducción e texto, A Coruña: Fundación Pedro Barrié de la Maza, 1985, p. 183-9; id., “Crónica Troiana”, en Giulia LANCIANI e Giuseppe TAVANI (ed.), Dicionário da literatura medieval galega e portuguesa, Lisboa: Ed. Caminho, 1993, p. 192-3; id., “Prosa medieval”, en Mercedes BREA (coord.), Galicia. Literatura. A Idade Media, A Coruña: Hércules de Ediciones, 2000, p. 402-5; id., “La interconexión de Castilla, Galicia y Portugal en la confección de las crónicas medievales y en la transmisión de textos literarios”, Revista de Filología Románica, 19, 2002, p. 93-123; Marcelino GONZÁLEZ PASCUAL, Manuscritos anteriores a 1500 de la Biblioteca de Menéndez Pelayo. Tres estudios y catálogo, Santander: Concejalía de Cultura, 2000, p. 247-50; Ricardo PICHEL GOTÉRREZ, “A peregrinaxe das versións galegas do ciclo clásico na Idade Media”, en Esther CORRAL DÍAZ (ed.), In marsupiis peregrinorum. La circulación de textos e imágenes alrededor del Camino de Santiago en la Edad Media, Firenze: ed. Sismel / Edizioni del Galluzzo, 2010a, p. 439-454; id., “La circulación de la materia de Troya en la baja Edad Media y su reflejo en las letras gallegas: aproximación al testimonio de la Historia Troiana (BMP 558)”, en Francisco Bautista Pérez e Jimena Gamba Corradine (ed.), Estudios sobre la Edad Media, el Renacimiento y la temprana Modernidad, San Millán de la Cogolla: La SEMYR - El SEMYR –Cilengua, 2010b, p. 331-345; id., “A prosa medieval galega á luz do testemuño da Historia Troiana (ms. 558 BMP). Apuntamentos codicolóxicos”, en J. M. FRADEJAS LEBRERO e M. J. DÍEZ GARRETAS (ed.), Actas del XIII Congreso Internacional de la Asociación Hispánica de Literatura Medieval. In memoriam Allan Deyermond, Valladolid: Universidad / Ayuntamiento, 2010c, vol. 2, p. [1515]-1530; id., “Contribución a la codicología de manuscritos hispánicos trecentistas. Evolución y alteraciones fasciculares de la Historia Troiana (BMP ms. 558)”, en A. CASTRO CORREA et alii (ed.), British archaeological reports international series (learning from the past: methodological considerations on studies of Antiquity and Middle Ages.Proceedings of the first postgraduate conference on studies of Antiquity and Middle Ages), Oxford: BAR, 2011a, p. 412-417; id., “A edición íntegra da General Estoria de Afonso X o Sabio (coord. Pedro Sánchez-Prieto Borja, 2009, 10 vols.)”, Verba. Anuario Galego de Filoloxía, 38, 2011b, p. 351-365; id., “Aproximación a un testimonio indirecto (BMP ms. 558) de la sección troyana de la General Estoria”, en Actas del III Congreso Internacional de la SEMYR, 2012a (no prelo); id., op. cit., 2012b. Actualmente existe unha edición, moi deficiente, do texto (Kelvin M. PARKER, Historia Troyana, Santiago de Compostela: Consejo Superior de Investigaciones Científicas / Instituto Padre Sarmiento de Estudios Gallegos, 1975), aínda que felizmente contamos cunha revisión e corrección da transcrición debida a Ramón LORENZO (“Correccións á edición da Historia Troyanade Parker”, Verba. Anuario Galego de Filoloxía, 9, 1982, p. 253-290).

11 Vid. fundamentalmente o estudo de Juan CASAS RIGALL, La Materia de Troya en las letras romances del siglo XIII hispano, Santiago de Compostela: Universidade, 1999.

12 Fontes francesas (o Roman de Troie, principalmente, a Histoire ancienne jusqu’à César), fontes clásicas, entre as que destaca a materia ovidiana (Metamorfosis e Heroidas), coñecidas e filtradas polos comentarios e glosas medievais cristianizadoras (entre elas as obras de Arnulfo de Orleáns e Xoán de Garlandia); en menor medida as obras de Dictis e Dares, a Ilias Latina, a Aquileida de Estacio, o Excidium Troiae, as Multe historie et Troiane et Romane, o Libro de Alexandre, a Historia Romanorum de Ximénez de Rada, etc. (vid. Juan CASAS RIGALL, op. cit., 1999, p. 121-207).

13 Rosa Mª RODRÍGUEZ PORTO, op. cit., 2012a.

14 Os fragmentos reproducidos neste traballo corresponden a unha lectura e edición propia (presentación crítica en Ricardo PICHEL GOTÉRREZ, op. cit., 2012b).

15 Apud Ricardo PICHEL GOTÉRREZ, 2011b, p. 345-6.

16 167 ilustracións no estado actual do exemplar híbrido, das cales só se chegarían a completar, no inicio da sección castelá, 7 ilustracións, mentres que 4 só serían esbozadas. Segundo a investigación de Rosa Mª RODRÍGUEZ PORTO (op. cit., 2012a), certos indicios (como a localización errónea e aleatoria destas ilustracións) levan a pensar que, en consonancia co carácter provisional do testemuño, a dita intervención artística respondería simplemente ao labor probatorio puntual dos artistas co fin de calibrar, entre outras cousas, o efecto visual do novidoso programa pictórico que se quería levar a cabo na crónica.

17 O Cruel é asasinado en Montiel en 1369 a mans do seu irmán bastardo Henrique de Trastámara e, en consecuencia, o petrismo sofre un importante retroceso político e económico, especialmente notorio en terras galegas, bastión tradicional do lexitimismo. Con todo, como xa foi dito, é precisamente entre 1369 e 1371 cando o petrismo adquire en terras occidentais un protagonismo relevante nos primeiros anos de goberno de Henrique II, coa resistencia de diversas vilas e cidades galegas (especialmente a da Coruña) nas que se fan fortes os leais á causa lexitimista (entres os que cómpre destacar, máis unha vez, a Fernando Ruiz de Castro, toda a lealdade de España, e ao retornado Nuno Freire de Andrade II, acompañando a ben recibida invasión portuguesa de Fernando I).

18 Cfr. Inés FERNÁNDEZ-ORDÓÑEZ, “Manuscritos historiográficos ‘de autor’”, en Pedro M. CÁTEDRA (dir.), Los códices literarios de la Edad Media. Interpretación, historia, técnicas y catalogación, San Millán de la Cogolla: Cilengua / Instituto de Historia del Libro y de la Lectura, 2009, p. 98-99.

19 Tamén inclúe algúns fragmentos de GE1 e GE3 (vid. Ricardo PICHEL GOTÉRREZ, op. cit., 2012a e 2012b). Unha aproximación moi tanxencial en Antonio GARCÍA SOLALINDE, op. cit., 1916, p. 124-8 e 130-5; Juan CASAS RIGALL, op. cit., 1999, p. 210-1, Ramón LORENZO, op. cit., 2000, p. 402-3. Inés FERNÁNDEZ-ORDÓÑEZ (“Tras la collatio o cómo establecer correctamente el error textual”, La Corónica, 30, 2002, p. 113 e n. 15) xa indicara a pertinencia da interpolación de varios capítulos de GE2 na Historia Troiana (BMP), mais “debido a su carácter altamente fragmentario y excluyente entre sí, no he considerado en la evaluación pormenorizada de las variantes a los testimonios Av [y] HT” (cfr. Inés FERNÁNDEZ-ORDÓÑEZ, “Antes de la collatio. Hacia una edición crítica de la General estoria de Alfonso el Sabio (segunda parte)”, en Aengus WARD (ed.), Teoría y práctica de la historiografía hispánica medieval, Birminghan: University Birmingham Press, 2000, p. 124-48).

20 Por exemplo, a secuencia “allí pobló Dardano la cibdat que querié pora cabeça de so reino, e del so nombre llamóla Dardania; e éste fue el primero nombre que la cibdat de Troya ovo, assí cuemo cuentan las estorias” presente en GE1 Números (Pedro SÁNCHEZ-PRIETO BORJA, op. cit., 2009, vol. 1, p. 120).

21 Por exemplo: “Et aquí en este lugar leixamos a falar outras moitas estorias que non son desta razón que conteceron delo começo de seu destroimento” (fol. 2r, ls. 20-23).

22 As estorias unadas ou cumplidas constitúen relatos extensos e intercalados en bloque, que abranguen un período temporal determinado e cuxo encadre cronóloxico se estabelece en función do contexto dos reis xentís ou da materia bíblica tratada.Véxase a este respecto Inés FERNÁNDEZ-ORDÓÑEZ, “La Estoria de España, la General Estoria y los diferentes criterios compilatorios”, Revista de Literatura, L:99, 1988, p. 15-35; id., Las “Estorias” de Alfonso el Sabio, Madrid: Istmo, 1992, p. 32; id., “El taller de las ‘estorias’”, en Inés FERNÁNDEZ-ORDÓÑEZ et alii (ed.), Alfonso X el Sabio y las crónicas de España, Valladolid: Centro para la Edición de los Clásicos Españoles, 2000, p. 76-8; id., “Ordinatio y compilatio en la prosa de Alfonso X el Sabio”, en Mónica CASTILLO LLUCH e Marta LÓPEZ IZQUIERDO (ed.), Modelos latinos en la Castilla medieval, Madrid: Iberoamericana –Vervuert, 2010, p. 259.

23 Cfr. Juan CASAS RIGALL, op. cit., 1999, p. 209-43.

24 Vid. Antonio GARCÍA SOLALINDE, op. cit.,1916, p. 124-8; Juan CASAS RIGALL, op. cit., 1999, p. 210-1; Claudia D’AMBRUOSO, “Per una edizione critica della Crónica Troyana promossa da Alfonso XI”, Troianalexandrina, 7, 2007, p. 10-6 e 36-8; id., “Sulle relazioni testuali fra il manoscrito G della Crónica Troiana ed i testimoni della Versión de Alfonso XI”, Troianalexandrina, 9, 2009, p. 17-19 e 32.

25 Vid. Ricardo PICHEL GOTÉRREZ, op. cit.,2012b: como argumentamos neste estudo, a transcendencia do testemuño da Polimétrica vai moito máis alá da mera identificación de fontes e contidos. Basta con indicar agora, en relación co que estamos a comentar aquí, que a interpolación catrocentista incorporada a este exemplar revela, en comparanza coa Historia Troiana, unha evidente superación estrutural do discurso narrativo no tocante á ensamblaxe das fontes, toda vez que, ao contrario có facticio santanderino, reorganiza con éxito o fío argumental tirado da Estoria de Troya e da prosificación do Roman (as dúas fontes implicadas) e, por tanto, impide a coexistencia defectuosa de capítulos repetidos en ambas as dúas tradicións discursivas; aspecto este último ben notorio no códice bilingüe e que evidencia, unha vez máis, o seu carácter provisorio ou preliminar.

26 Son os seguintes: 438 (De las maneras de los comienços de las estorias), 445 (De lo que da a entender el oro de Mida), 446 (De las razones de las estorias del rey Mida), 468 (De cómo se pueden entender estas cosas que aquí son dichas), 475 (De lo que dan a entender estos mudamientos que aquí avemos dicho) e 476 (De lo que dixo otrosí Ovidio que la fija de Alcidamas pariera una paloma).

27 Así acontece, por exemplo, no cap. 438, no que se cita como fonte, ademais da Aquileida, os comentarios dun “esponedor” sen indentificar da obra de Estacio. Así mesmo, nos caps. 445, 446, 468, 475 e 476 explicítase o recurso aos glosadores “el fraire” (Arnulfo de Orleáns, Allegoriae super Ovidii Metamorphosin) e “Joán el inglés” (Xoán de Garlandia, Intergumenta Ovidii); vid. Juan CASAS RIGALL, op. cit.,1999, p. 243-57. Sobre estas dúas fontes esexéticas vid. María Rosa LIDA DE MALKIEL, “La General estoria: notas literarias y filológicas (I)”, Romance Philology, XII:1, 1958, p. 113-5, p. 122-31; Benito BRANCAFORTE, Las Metamorfosis y Las Heroidas de Ovidio en la General Estoria de Alfonso el Sabio, Madison, 1990; Juan CASAS RIGALL, op. cit.,1999, p. 136-43.

28 Existe outro conxunto de capítulos, obviados tamén na Historia Troiana, caracterizados pola exposición dunha historia ou acontecementos particulares que probabelmente resultarían innecesarios no desenvolvemento discursivo da interpolación por afastárense do relato directo dos antecedentes da guerra, obxecto primordial da amplificación petrista (apud Ricardo PICHEL GOTÉRREZ, op. cit., 2012a). Trátase da historia do rei Midas (caps. 441-4; vid. Juan CASAS RIGALL, op. cit.,1999, p. 136, 169-70) e do cap. 467 (De cómo tornó Medea mancebas a las amas de Libero padre), cuxa fonte declarada son as Metamorfoses de Ovidio (XI, 85-193 e VII, 294-6, respectivamente).

29 Sobre este tipo de modificacións conscientes do texto na General Estoria vid. Belén ALMEIDA CABREJAS, Alfonso X el Sabio. General Estoria. Segunda Parte, Madrid: Biblioteca Castro, Fundación José Antonio de Castro, 2009, vol. 1, p. lxxix-lxxx, cix-cxxi.

30 Sobre esta pasaxe e outras similares da Historia Troiana onde puido haber censura vid. Ricardo PICHEL GOTÉRREZ, op. cit., 2012b. Agradezo as suxestións que ao respecto me foron formuladas por Belén Almeida Cabrejas no congreso onde se presentou esta comunicación.

31 Belén ALMEIDA CABREJAS, op. cit., 2009, vol. 2, p. 153.

32 Ibid. A secuencia inmediatamente contigua (“e fueron tan grandes las alegrías...”), na que se conta a festa pola chegada de Xasón e Medea e o anuncio do rexuvenecemento de Esón, empalma co noso texto unha vez rematada a fuxida de Colcos (fol. 12vb ls. 9-10; vid. Ricardo PICHEL GOTÉRREZ, op. cit., 2012b).

33 Jenny MARCH, Diccionario de mitología clásica, Barcelona: Crítica, 2008, p. 48.

34 Libro VII, v. 660 e ss. (ed. Cornelis De BOER, Ovide moralisé, Amsterdam: J. Müller, 1915 vol. 3, p. 30 e ss.). Esta cuestión, da que só podemos dar noticia neste traballo, é obxecto de pesquisa en Ricardo PICHEL GOTÉRREZ, op. cit., 2012. Agradecemos a Irene Salvo García as suxestións relacionadas con esta pasaxe.

35 Vid. Maximiliaan P. A. M. KERKHOF (ed.), Juan de Mena. La Coronación, Madrid: CSIC, 2009, p. 26, n. 167. Este texto foi traducido ao castelán no séc. XV (Morales de Ovidio) e dedicado ao primeiro Marqués de Santillana, versión na que naturalmente tamén aparece relatada a escena en cuestión.

36 Ibid.

37 A este respecto vid. Irene SALVO GARCÍA, “Las Heroidas en la General Estoria de Alfonso X: texto y glosa en el proceso de traducción y resemantización de Ovidio”, Cahiers d’études hispaniques médiévales, 32, 2009, p. 205-228; id., “Autor frente a auctoritas: la recreación de Júpiter por Alfonso X en la General Estoria, Primera parte”, Cahiers d’études hispaniques médiévales, 33, 2010, p. 63-77; id., “Los mitos de la creación de la Metamorfosis de Ovidio (Met. I, v. 5-162) en la General Estoria de Alfonso X”, en Mónica CASTILLO LLUCH e Marta LÓPEZ IZQUIERDO (ed.), op. cit., 2010, p. 201-222; id., “La materia ovidiana en la General Estoria de Alfonso X: problemas metodológicos en el estudio de su recepción”, en Francisco BAUTISTA PÉREZ e Jimena GAMBA CORRADINE (ed.), op. cit., 2010, p. 359-369; id., “Usos y finalidades de breves fragmentos de fuente ovidiana en la General Estoria de Alfonso X”, Alcanate. Revista de Estudios Alfonsíes, VII, 2010-2011, p. 269-291; id., “Ovidio y la materia troyana: la Estoria de Troya en la General Estoria de Alfonso X”, en Actas del III Congreso Internacional de la SEMYR (no prelo 2012; agradezo á autora o acceso a este texto aínda inédito).

38 Vid. Juan CASAS RIGALL, op. cit., 1999; Ramón LORENZO, op. cit., 1985, 1998, 2000, 2002; Claudia D’AMBRUOSO, op. cit.,2007 e 2009; id., “Sobre las relaciones textuales y lingüísticas entre la Crónica Troiana gallega y la versión de Alfonso XI”, en Andrew M. BERESFORD (ed.), op. cit., 2010, p. 633-46.

39 Das once miniaturas conservadas na Historia Troiana, todas na sección castelá, catro delas corresponderían a este modelo figurativo (Rosa Mª RODRÍGUEZ PORTO, op. cit.,2012a): fols. 19v (chegada do mensaxeiro de Hipsípila coa súa carta para Xasón), 29v (actualización dunha “imaxe de apertura” afonsina, con Afonso X (?) ordenando a compilación da General Estoria), 30r (abandono de Paris), 30v (achado de Paris).

Haut de page

Pour citer cet article

Référence électronique

Ricardo Pichel Gotérrez, « Tradición, (re)tradución e reformulación na General Estoria e na Estoria de Troya afonsinas á luz dun testemuño indirecto do séc. XIV »e-Spania [En ligne], 13 | juin 2012, mis en ligne le 10 juillet 2012, consulté le 28 mars 2024. URL : http://journals.openedition.org/e-spania/21124 ; DOI : https://doi.org/10.4000/e-spania.21124

Haut de page

Auteur

Ricardo Pichel Gotérrez

Universidad Complutense de Madrid, Universidade de Santiago de Compostela

Haut de page

Droits d’auteur

CC-BY-NC-ND-4.0

Le texte seul est utilisable sous licence CC BY-NC-ND 4.0. Les autres éléments (illustrations, fichiers annexes importés) sont « Tous droits réservés », sauf mention contraire.

Haut de page
Search OpenEdition Search

You will be redirected to OpenEdition Search